EXPECTATIVAS ARREDOR DA MATERIA




BELÉN FERNÁNDEZ REY:



Elixín esta carreira por vocación e as miñas expectativas acerca dela seguen a ser moi boas, aínda que ao mellor non opino o mesmo dentro de dous anos. Eu creo que a pesar de que moitas materias poidan parecer un “tostón”, pensar que despois de catro anos pode estar exercendo de mestra e dedicando a miña vida ao que sempre desexei, iso é o que de verdade me motiva.

Acerca desta materia non podo opinar porque aínda case non tivemos clases pero si é certo que as novas tecnoloxías non son o meu forte, por iso vou intentar esforzarme o máximo posible para acadar os mellores resultados. Tamén espero que os docentes sexan benévolos e teñan en consideración que non todas as persoas se manexan igual de ben coas tecnoloxías e a informática.

Confío en que esta materia me permita formarme ben e ampliar os meus coñecementos sobre este tema, e que nun futuro como docente me poidan ser útiles.


MARÍA FAÍLDE BLANCO:

Persoalmente, non me desenvolvo axilmente coas TIC polo  que nun primer momento pensei que esta materia resultaríame complicada.
Polo nome da materia pensei que esta materia estaría ambientada a coñocer as TIC que se empregan na Educación e como manexalas por parte dos/das docentes, pero tras esta presentación na que recibimos unha primeira explicación sobre o que consiste a materia, percateime de que non solo aprenderemos como empregar as TIC como material didáctico nas aulas e como método de aprendizaxe dinámico para os/as nenos/as, senón que tamén nos servirá para outras materias dentro do Grao en Educación Primaria e noutros ámbitos da vida.


YANIRA FERNÁNDEZ SOBRINO:

Este ano vou a cursar no meu primeiro ano do grao en Educación Primaria, unha materia chamada “Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación Primaria”.  A verdade, o nome da materia nun primeiro momento asústame un pouco, xa que non estou moi familiarizada cas tecnoloxías. Con todo, considero que son una persoa capacitada para poder aprender cousas novas neste ámbito co fin de poder aplicar diversas técnicas e coñecementos aprendidos neste curso nun futuro como docente.
Espero que non se trate dunha materia  moi difícil de cursar a pesar dos meus poucos coñecementos.
  

Comentarios

Entradas populares