O noso proxecto audiovisual

  • En que consiste o noso audiovisual? 
O noso audiovisual "O deporte é vida" trátase dun vídeo narrativo de concienciación para o alumnado sobre os  beneficios do xogo e deporte ao aire libre tanto a nivel físico e persoal como social.

Traballamos con debuxos feitos por nós mesmas, para ir contando unha historia que parta de décadas atrás, cando aínda non se contaba coas novas tecnoloxías no tempo libre, ata os nosos tempos, nos cales se reflexa o impacto das novas tecnoloxías no tempo de lecer dos nenos e nenas de hoxe en día. Lembrándolles así  importancia e beneficio de saír a xogar ao aire libre.
 
Como dixemos anteriormente, utilizamos unha serie de debuxos coloreados e recortados por nós mesmas que deslizamos por unha cartulina branca que serviu de fondo mentres aplicamos unha voz narradora que  conta o que está a acontecer en cada momento. Tanto os debuxos como a narración, foron realizados por nos mesmas.

  • Como  imos propoñer a dinámica para o noso alumnado? 
A nosa idea principal é que os nenos e nenas encontraran o audiovisual atractivo, e para elo consideramos que debía estar composto por debuxos que poderían facer eles e elas mesmos/as, captando así a súa atención e que ficaran coa idea principal do audiovisual, xa que se pode dicir que, en certa parte, conta cunha clara mensaxe.
 
Este audiovisual amosaráselle ao alumnado nunha materia na que estén a traballar o tema exposto, que é a actividade física; polo tanto, pode tratarse tanto de educación física como de ciencias da natureza, poderá proxectarse nunha aula. A nosa idea sería aplicar unha metodoloxía activa, é dicir, unha metodoloxía que implique que o estudante sexa o protagonista do aprendizaxe. Queremos que os nenos e nenas ao rematar de ver o audiovisual den a súa opinión acerca do tema, formulándolle preguntas acerca de que tanto este audovisual reflexa o seu tempo libre e motivalos a que apliquen o aprendido na súa vida cotiá, buscando así que se inclúa a realización de exercicio ao aire libre no seu tempo libre.

  • Que obxectivos queremos acadar con este audiovisual?
Os obxectivos principais deste audiovisual son concienciar aos cativos/as do seguinte:
-       A importancia do exercicio.
-       A importancia de sociabilizar e coñecer a outros nenos/as.
-       O dañinos que poden ser os videoxogos, ordenadores, móviles... ao empregalos de maneira abusiva.
-       Saír á rúa axuda a evitar enfermidades como a diabete, obesidade infantil…
-        Saír ao aire libre axuda a despexarnos e atoparnos con máis enerxía.


Comentarios

Entradas populares