Que utilizamos para crear un audiovisual?
Nas sesións número 6-7, propuxéronnos unha actividade que tiña como finalidade a creación dun audiovisual. Como está claro, antes de realizar nada era preciso ter en conta a serie de materiais e ferramentas que serían imprescindibles para poder realizar este traballo. Para elo comezamos por fixar unha serie de obxectivos:
- Discutir acerca do tema a tratar no audiovisual.
- Elaboración dunha idea/boceto do audiovisual.
- Preguntarnos con que ferramentas contábamos para a realización do mesmo.
Despois destas reflexións chegamos a un acordo. O audiovisual trataría sobre todo o que ten que ver cos beneficios da actividade física ao aire libre adaptandoo para os nenos e nenas. Debido ás dificultades que atopamos para poder tratar con persoas que quixeran participar no noso audiovisual, tivemos que ser un pouco creativas á hora de deseñar e plantexar esta tarefa.
Como podedes comprobar levamos un traballiño... Aínda que o noso punto forte non é debuxar!

En consecuencia, traballamos con debuxos feitos por nós mesmas, para ir contando unha historia que parta de décadas atrás, cando aínda non se contaba coas novas tecnoloxías no tempo libre, ata os nosos tempos, nos cales se reflexa o impacto das novas tecnoloxías no tempo de lecer dos nenos e nenas de hoxe en día.
![]() |
| Debuxo de cavernícolas. Feito por Yanira Fernández |
![]() |
| Debuxos de nenos xogando no parque. Feito por Belén Fernández. |
Como podedes comprobar levamos un traballiño... Aínda que o noso punto forte non é debuxar!
Como poidestes ver, utilizamos ese mesmos debuxos para deslizalos por unha cartulina branca que servirá de fondo mentres aplicaremos unha voz narradora que contará o que está a acontecer en cada momento. Tanto os debuxos como a narración, foron realizados por nos mesmas e a edición do video foi realizado con Wondershare Filmora 9. Outro dato é que primeiro filmamos o referente aos debuxos e, máis tarde engadimos as nosas voces.
Na edición deste audiovisual non empregamos ningunha técnica como: timelapse, stopmotion, animación ... Tan so realizamos un copia e pega dos vídeos que grabamos cun móvil e os pegamos como comentamos anteriormente, engadindo as nosas voces narradoras, que foron tamén grabadas cun móvil, sen empregar efectos especiais de cámara rápida ou lenta nin engadir animacións e outros sons que non foran as nosas voces.
Tratarase entón dun vídeo narrativo de concienciación para o alumnado sobre os beneficios do xogo e deporte ao aire libre tanto a nivel físico e persoal como social.

Comentarios
Publicar un comentario