Revisión de recursos de Belén Fernández Rey

Na sesión do 11-12 de febreiro, correspondente a sesión número tres, tivemos que realizar unha búsqueda coa finalidade de encontrar algún recurso que garantizase a atención e sobre todo a compresión dos nenos do tema a tratar. Neste caso será o tema relacionado co noso blog: o deporte. Atopei diversos recursos que cumpriron as miñas expectativas, non obstante penso que os que os que escollin finalmente son bastante acertados. Tratanse dun vídeo collido de YouTube, dun grupo qeu realiza actividades musicais con nenos e nenas, e un libro no que se recollen moitos dos xogos tradicionais propios dos nosos avós e avoas.

  •  DATOS XERAIS DO PRIMEIRO RECURSO - EL PATIO DE MI CASA
Trátase dun vídeo collido en YouTube, publicado no 2014. No vídeo aparecen un grupo de nenos e nenas acompañados de adultos, bailando todos xuntos e realizando múltiples movementos. 

CantaJuego é un proxecto pedaxógico-musical en formato audiovisual, desenvolvido por especialistas na estimulación psicomotriz e no trabajo psicopedagóxico. Orientado aos nenos e nenas de 0 a 6 anos, CantaJuego proponnos utilizar a música e omovimiento para pór en funcionamiento a imaxinación e a fantasía; estas vivencias desenvolven a psicomotricidade, potencian o mundo afectivo e as relacións sociais.
Pareceume interesante este recurso porque pode motivar ao alumnado a relacionarse uns con outroos e fomenta integración de todos os aumnos e alumnas no grupo. Ademais será moi útil para faceren exercicio de maneira orixinal e divertida.

Fai click sobre o link para visualizar o vídeo: https://youtu.be/V8gtclsoCsQ




  • DATOS XERAIS DO SEGUNDO RECURSO - CUADERNO JUEGOS TRADICIONALES 
Pareceume iinteresante escoller este recurso xa que o xogo tradicional transmite o valor polo inmaterial, polo pracer natural de xogar, a educación non consumista. Para xogar necesítanse cousas moi sinxelas. A tempos en que está de moda a enxeñería e a industria do entretemento, nós contrapoñemos a alternativa do renacemento do xogo popular e tradicional. Un xogo no que os nenos están en contacto directo, comunícanse, socializan, falan entre eles…
Nun aspecto mási práctico, moitos destes xogos son curtos na súa duración. Ademais son sinxelos de organizar e controlar. Tendo en conta que son xogos que teñen a súa orixe en tempos moi remotos podemos atorparnos os mesmos en todas as xeracións e culturas. A través destes xogos poderemos coñecer historias propias e alleas, achegando tamén xeracións. Cando os nenos pequenos perciban que os mesmos xogos que eles está a xogar xa os xogaron os seus pais e avós, poderanse crear así novos ligamentos que achegan posturas e favorecen a comprensión e o entendemento. É importante que os nenos vexan a importancia de investigar sobre diferentes aspectos dos xogos: o nome que tiñan, en que momento do ano e do día xogábase, con quen, en que lugares, con que materiais xogaban,...
Doutra banda, considero interesante o desafío de fomentar, favorecer e apoiar o xogo activo, participativo, comunicativo e relacional entre os nenos, fronte a unha cultura que estimula cada vez máis a pasividade aínda corporal, receptividade consumista fronte a unha imaxe/pantalla. O feito de reactivar os xogos tradicionais non é unha volta ao pasado senón que implica profundar e profundar nas nosas raíces e poder comprender así mellor o noso presente.

Comentarios

Entradas populares