Revisión de recursos de Yanira Fernández Sobrino.
Na sesión do 11-12 de febreiro, correspondente a sesión número tres, tivemos que realizar unha búsqueda coa finalidade de encontrar algún recurso que garantizase a atención e sobre todo a compresión dos nenos do tema a tratar. Neste caso será o tema relacionado co noso blog: o deporte. Atopei diversos recursos que cumpriron as miñas expectativas, non obstante penso que os que os que escollin finalmente son bastante acertados. Tratanse dun vídeo collido de YouTube, dun personaxe coñecido polos nenos, Berni, e unha páxina web onde poderedes atopar diversas actividades relacionadas ca actividade física.
- DATOS XERAIS DO PRIMEIRO RECURSO - O OSO BERNI.
Trátase dun vídeo collido en YouTube, publicado en 2008. O vídeo mostra como un personaxe que é un oso chamado Berni intenta practicar ximnasia artística, claramente sen éxito. Berni intenta realizar os mesmos movementos que realiza outro protagonista do vídeo que é un pingüín o cal realiza todos os exercicios con gran habilidade.
Parecéume interesante este recurso debido a que despois de ver o vídeo, os nenos poderán comprender que para poder acadar as súas metas, primeiro deben comprometerse e esforzarse tempo antes para poder progresivamente mellorar. Ademáis de fomentar a actividade física para poder influír positivamente nas súas saúdes, xa que o deporte practicado correctamente (adaptado a idade do deportista) sempre será algo positivo!
Fai click sobre a imaxe para visualizar o vídeo!
- DATOS XERAIS DO SEGUNDO RECURSO - XOGOS DE EDUCACIÓN FÍSICA.
Esta é unha páxina Web na que o seu autor, José Luis Lara Olmedo, propón diversas xogos divididos en sesións, en concreto seis. Entre os xogos presentes nelas podédevos encontrar con : "os galgos", "crocodilo dormilón", "o reloxo"...
Esta páxina captou a miña atención en certa parte pola cantidade de actividades interesantes que propón, pero sobre todo porque en cada sesión especifica os obxectivos a acadar e o tipo de ensinanza que se está a fomentar con estos xogos. Tamén detalla acerca da organización dos alumnos (se é unha actividade individual ou en grupo), e o ciclo e o nivel ao que están ligadas. Como comentei xa no anterior recurso, paréceme unha páxina que promove a actividade física nos nenos máis pequenos da maneira máis divertida posible.
Fai click sobre a imaxe para visualizar o vídeo!


Comentarios
Publicar un comentario