Revisión de recursos María Faílde Blanco
Na
sesión do 11-12 de febreiro, correspondente a sesión número tres,
tivemos que realizar unha búsqueda coa finalidade de encontrar algún
recurso que garantizase a atención e sobre todo a compresión dos nenos
do tema a tratar. Neste caso será o tema relacionado co noso blog: o
deporte. Atopei diversos recursos relacionados coa temática do blog e considero que os dous que escollín escollin finalmente son bastante
acertados. Tratanse dunha sección dun canal de YouTube dunha serie de debuxos animados coñecida de Disney, e unha páxina web con actividades de todo tipo que tratan a temática dos deportes.
DATOS XERAIS DO PRIMER RECURSO - VIDEOS JOTA JOTA
Trátase dunha sección publicada no ano 2011, no canal de YouTube Disney Junior España que cotén episodios dunha serie de debuxos española chamada "Jota Jota". Nestes debuxos animados, un pai e un fillo (Jota Jota), xogan a diferentes deportes. En cada episodio o pai explícalle
que deporte é, logo cales son as regras básicas deste e maneiras de prácticalo, por último,
tras a breve explicación do pai, Jota Jota realiza o deporte, que elixiron ese
día, co seu pai.
Parecéume
interesante este recurso xa que con estes videos, a parte de aprender un pouco sobre os deportes tratados tamén servirá para que se animen a facer deporte.O cal é un aspecto moi positivo, porque a realización de deporte adaptado á forma física de cada un/unha sempre é algo beneficioso. Ademais nestes debuxos aparecen xogando xuntos nenos e nenas de distintas razas, o que considero tamén un aspecto positivo para axudar a favorecer a diversidade.
Fai click en "Jota Jota quiere hacer deporte" para acceder aos episodios da serie!
"Jota Jota quiere hacer deporte"
"Jota Jota quiere hacer deporte"
- DATOS XERAIS DO SEGUNDO RECURSO - ACTIVIDADES INTERACTIVAS
Esta
é unha páxina Web na que o seu autor, Daniel Hernández Ruiz, expón diversas
actividades nas cales os nenos/as iranse familiarizando cos deportes e o vocabulario destes. Entre estas actividades
interactivas atópanse: Relacionar un instrumento
deportivo coa actividade deportiva que lle corresponda ou relacionar
deportistas co seu deporte, un diálogo
dunha conversa entre dúas
nenas (Carmen e Laura) sobre os deportes que lles gustaría realizar e unha serie de preguntas
sobre o texto (estos son algúns
exemplos das actividades, tamén
conta cun vídeos
e unha presentación
como material de apoio).
Elixin este recurso porque me pareceu moi interestante a variedade de actividades nos cales a temática común é o deporte. Mentres están a aprender sobre
deportes fomentan outros aspectos cognitivos como: a
memoria, xa que unha das actividades está enfocada a exercitar a memoria a través da memorización de palabras; a relación de conceptos con
imaxes; a comprensión e lectura, xa que
conta cun texto e unhas preguntas sobre este.
actividades

Comentarios
Publicar un comentario